jueves, 15 de mayo de 2008

outras teorías sobre a delincuencia


Neste artigo do blog que compartimos cos alumnos de filosofía da ciencia tratarei de facer unha análise, sempre dende o meu punto de vista, das conductas “delictivas”que se dan nos institutos e en especial no noso que é o que nos queda máis á man, o IES de melide, no que neste curso están a ocorrer certos actos de carácter violento, xa sexa contra o mobiliario(na maioría dos casos)como pasou fai uns meses cando varios individuos decidiron entrar nas instalacións en horario non lectivo e prender lume á cadeira do mestre, ou sen ir máis lonxe fai unha semana cando apareceron un bo numero de cristais rotos despois de varias xornadas sen actividades no centro, no caso de agresións entre alumnos coido que non existen máis que pequenas pelexas que se dan desde sempre por pequenos roces dos que non se debe facer un mundo e nos que non se hai que intervir a menos que sexa un caso especial e deixar que se arranxe entre os implicados.




Moitos científicos queren buscar explicacións a estes incidentes investigando a xenética dos alumnos que protagonizan estes ou mesmo intentan xustificar os actos alegando certos transtornos da personalidade dos rapaces.O descrito anteriormente pode ser certo e está demostrado pero existen outras causas que están máis ao alcance da xente de a pé como a que propoño eu.
Sempre desde o que teño vivido na miña persoa, o problema na maioría dos casos é “sinxelo”so hai que mirar a situación na que se encontran, tanto familiarmente como cos seus compañeiros e amigos, ver como foi a súa infancia, se contaban co cariño dos seus pais, se sufriron maltrato tanto psicolóxico como físico por parte de compañeiros, o que os levaría a actuar de forma agresiva contra a sociedade nos anos seguintes da súa vida porque consideran que é o correcto.

Outra das “miñas” teorías acerca destes casos está relacionada coa debilidade emocional e coa facilidade de deixarse influenciar por outras persoas o que os levaa a actuar desta forma tan desacertada. Nesta conduta aparece a figura do “lider”que capta unha serie de rapaces que estaban dalgunha forma “marxinados” polo resto do alumnado e que se unen nun grupo que fará este tipo de actividades.

Como conclusión penso que o que se debería facer con estes individuos é evitar que se cheguen a estas situacións e non erradicalas cando xa están en proceso, tratar os temas de forma persoal en cada caso porque non é posible usar unha teoría conxunta, únicamente se poderían ter unha serie de pautas comúns e a partir aplicar unha terapia individual coñecendo a vida persoal dos implicados.

Esta é a miña visión sobre este tipo de conductas que se centran nos pequenos delitos ou actos vandálicos

1 comentario:

soraya dijo...

violeta son soraya de 4ºa era pa pedirxe se nos podias facer o favor de enviarnos canto antes os apuntes que nos dixexes de etica da argumentacion e etica comunicativa porque sinon non nos vai dar tempo pero en vez de enviarllo a samira enviamo a min o meu correo e:soraya_a4_13@hotmail.com disculpa as molestias e gracias