A película “Alguien voló sobre el nido del cuco” fai referencia a un exemplo de organización total, que se desenvolve nun hospital psiquiátrico.
Estas organizacións tentan controlar todas as dimensións da vida dos internos, privándoos de dereito á intimidade; tamén se busca a uniformidade (roupa, idade…) co único obxectivo de despoxalos da súa identidade e de apartalos da vida externa.Diferénciase unha clara relación entre o persoal que traballa na organización, que son os que impoñen todo tipo de normas e actividades, rexéndose sempre por un mesmo horario, e os internos.
Nesta película que estamos a comentar, o actor Jack Nicholson desempeña o papel dun interno (McMurphy) que non acata as normas como os demais internos (Martini, Billy, Xefe…) e acaba conquistando os seus compañeiros do psiquiátrico que se atopan alí “voluntariamente”. Para McMurphy é moito mellor un agradable descanso nun hospital psiquiátrico que unha temporada no cárcere. O seu contaxioso sentido do desorde choca coa rutina seguida diariamente no psiquiátrico. Por unha parte está McMurphy e por outra a enfermeira Ratched con opinións e puntos de vista moi diferentes a cerca das actividades realizadas cos internos, un exemplo claro é cando McMurphy solicita ver un partido na televisión e a enfermeira se nega xa que esto supón un cambio na rutina. Outro exemplo da rebeldía de McMurphy foi cando ca axuda dos seus compañeiros escapan do recinto aproveitando un despiste dos gardas de seguridade; poñendo en macha un autobús diríxense todos cara porto para pasar unha divertida tarde de pesca abordo dun barco “prestado”. Todo ía ben ata que chegaron de volta ó porto e encontráronse ca sorpresa se que os estaban esperando, a culpa recaeu sobre McMurphy e outros dous compañeiros, que por saltarse as normas recibiron duras descargas eléctricas. O xefe, alcume dun interno que finxía ser xordomudo, volveuse compañeiro inseparable de McMurphy, o que descubriu que falaba e escoitaba perfectamente. Tras varias conversas deciden fuxir xuntos do centro pero antes organizaron unha festa de despedida que trouxo moitos problemas, tras o remate da festa, a enfermeira e o resto do persoal chegaron e atoparon todo fora do habitual, o enfado destes fixo que Billy, tras pasar a noite cunha muller nunha habitación do centro, se acabe suicidando ante as ameazas da enfermeira con comunicarlle o sucedido a súa nai. Para non variar, McMurphy foi o maior prexudicado, xa que cando tiña todo planeado co xefe para fuxir, foi víctima dunha operación como castigo, víctima dunha lobotomía. A desesperación do xefe o ver o seu compañeiro así remata co seu sufrimento, afogando na súa propia cama, para lograr emprender o viaxe cara a liberdade.

Enlaces:

No hay comentarios:
Publicar un comentario