lunes, 14 de abril de 2008


O século XX: A segunda revolución da física
O século XX estivo marcado polo desenvolvemento da física como ciencia capaz de promover o desenvolvemento tecnolóxico. A principios deste século os físicos consideraban ter unha visión case completa da natureza. Aínda así, producíronse dúas revolucións conceptuais de grande relevancia: O desenvolvemento da teoría da relatividade e o comezo da mecánica cuántica. En 1905 Albert Einstein formulou a teoría da relatividade especial, na cal o espazo e o tempo unifícanse nunha soa entidade, o espazo-tempo. A relatividade formula ecuacións diferentes para a transformación de movementos cando se observan desde distintos sistemas de referencia inerciais a aqueles dados pola mecánica clásica. Ambas teorías coinciden a velocidades pequenas en relación á velocidade da luz. En 1915 estendeu a teoría especial da relatividade para explicar a gravidade, formulando a teoría xeral da relatividade, a cal substitúe á lei da gravitación de Newton.

No hay comentarios: