
Neste blog o grupo de filosofia da ciencia e da tecnoloxía de 2º de bacharelato está formado por Luisa, Ivan, Tania, Hugo e Victoria. Imos a expoñer cuestións da ciencia, de cómo se desenvolven evalúan e cambian as teorias cientificas así como da súa capacidade para a producción de tecnoloxías cada vez mais sofisticadas.
Alternaremos aspectos teóricos nos que falaremos do desenvolvemento da ciencia e das teorías epistemolóxicas do seculo XX, entrando no Neopositivismo falaremos do circulo de Viena, Russell e Wittgenstein, continuaremos co falsacionismo para rematar coa epistemoloxía post-popperiana.
Divina proporción
Tamén alternaremos debates porque consideramos que a inoperancia do modelo de evaluación tradicional, xunto coa presión social cada vez máis intensa, que pide unha meirande implicación dos cidadáns nas decisións tecnolóxicas impulsou novos modelos constructivistas, como unha vía máis adecuada para evaluar e xestionar os riscos e intentar gobernar o cambio tecnolóxico. Fálase dun novo paradigma, chamado Evaluación Constructiva de Tecnoloxías (ECT). Neste enfoque se desterra definitivamente a pretensión dunha evaluación obxectiva e neutral ligada á opinión exclusiva de expertos, dando máis importancia á socialización da toma de decisións. Non se pode seguir mantendo o estricto reparto de papeis entre promotores e controladores, senón que debemos centrarnos en aprender a xestionar esta responsabilidade compartida, implicándonos no proceso de toma de decisións. Por iso imos tratar de debater temas importantes para as nosas vidas vencellados á tecnoloxía , tales como : Internet e o seu uso , máquinas e robots intelixentes, células nai, clonación …. E outros que a raíz das noticias poidan ir xurdindo.
Esperamos que participedes connosco aportando as vosas ideas e cuestionando as aquí exportas que vos parezan interesantes.
Comenzamos a andaina falando pois dos avances da lóxica e da matemática no século XX.
No hay comentarios:
Publicar un comentario